Descripción
Este proxecto busca desenvolver e avaliar diversas solucións tecnolóxicas, baseadas no aproveitamento das correntes de aire xeradas durante o movemento, para a recarga das baterías dun vehículo eléctrico. Esta innovación permitirá incrementar de forma substancial a súa autonomía e supón unha clara aposta por un futuro máis verde e sustentable neste sector.
O proxecto consta de varias fases que serán desenvolvidas ao longo de 2 anos e que fará uso dos espazos de Fabricación Aditiva e de Enerxía e Sustentabilidade Ambiental. As actividades que se levarán a cabo son as seguintes:
- Fase 1ª. Trátase dunha fase de investigación aplicada na que se realizará o prototipado dos elementos que formarán parte do sistema de produción de enerxía. Esta fase empregará o equipamento de fabricación aditiva dispoñible no centro para a optimización do deseño.
- Fase 2ª. Na que se analizará o rendemento dos sistemas desenvolvidos en condicións reais de funcionamento mediante a súa instalación nun vehículo eléctrico. Esta fase levarase a cabo no espazo de Enerxía e Sustentabilidade Ambiental do centro.
- Fase 3ª. A Área de Emprendemento Industrial encargarase da xestión de patentes do sistema desenvolvido e do seu posterior aproveitamento comercial.