arriba
GAL
ESP ENG
  |     


PortadaseparatorNoticiasseparatorO CGIFP acolle o Foro La Región: "Ourense, Porta da Innovación da FP...


O CGIFP acolle o Foro La Región: "Ourense, Porta da Innovación da FP Galega"


Mércores, 27-Novembro-2024
O CGIFP acolle o Foro La Región: "Ourense, Porta da Innovación da FP Galega" - Foto

Este martes celebrouse no Centro Galego da Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros (CGIFP) o foro organizado por La Región, baixo o lema "Ourense, Porta da Innovación da FP Galega".

O encontro reuniu representantes do ámbito educativo, institucional e empresarial para reflexionar sobre o papel estratéxico da Formación Profesional como motor de desenvolvemento e innovación en Galicia.

Entre os participantes destacaron:

  • Luis Menor Pérez, presidente da Deputación de Ourense

  • Román Rodríguez González, conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP

  • María Eugenia Pérez Fernández, directora xeral de FP

  • Cristina Lesta Íñiguez, subdirectora xeral de Innovación Profesional

  • María Jesús Carnero, directora do CGIFP

  • Representantes de empresas como Aceites Abril, Viaqua, Pérez Rumbao, BeOne Ourense, así como membros da Confederación de Empresarios de Ourense e profesionais da FP

Durante o foro abordáronse temas como:

  • A FP como ferramenta de desenvolvemento socioeconómico

  • A integración da I+D+i no sistema formativo

  • A conexión entre centros educativos e o tecido produtivo a través de iniciativas innovadoras



 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a tua experiencia de usuario, gardando preferencias, seccions visitadas, ..., co fin de ofrecer contidos adaptados ós intereses do usuario. Se continuas navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calqueira dubida ou suxerencia podes usar a nosa «sección de contacto.».

PECHAR