arriba
GAL
ESP ENG
  |     


PortadaseparatorNoticiasseparatorVisita institucional do Conselleiro de Educación das Illas Baleares ...


Visita institucional do Conselleiro de Educación das Illas Baleares ao CGIFP


Xoves, 21-Novembro-2024
Visita institucional do Conselleiro de Educación das Illas Baleares ao CGIFP - Foto

O Conselleiro de Educación e Universidade das Illas Baleares, Antoni Vera Alemany, realizou unha visita institucional ao CGIFP Eduardo Barreiros, acompañado polo Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez González, e pola Directora Xeral de FP, Eugenia Pérez Fernández.

Durante a visita, guiada pola directora do CGIFP, María Jesús Carnero, puideron coñecer de preto o traballo que se desenvolve no centro como referente de innovación e calidade dentro da Formación Profesional galega.

Este encontro forma parte dunha xornada de intercambio institucional entre Galicia e Baleares que tamén incluíu unha visita ao CIFP Carlos Oroza (Pontevedra), consolidando o espírito de colaboración entre comunidades autónomas para seguir avanzando nunha FP conectada, moderna e de excelencia.



 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a tua experiencia de usuario, gardando preferencias, seccions visitadas, ..., co fin de ofrecer contidos adaptados ós intereses do usuario. Se continuas navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calqueira dubida ou suxerencia podes usar a nosa «sección de contacto.».

PECHAR