arriba
GAL
ESP ENG
  |     


PortadaseparatorNoticiasseparatorXornada práctica de drons no Curso de Piloto Profesional STS


Xornada práctica de drons no Curso de Piloto Profesional STS


Mércores, 30-Outubro-2024
Xornada práctica de drons no Curso de Piloto Profesional STS - Foto

Onte celebrouse unha xornada práctica no heliporto da Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia), na que os participantes tiveron a oportunidade de manexar diferentes tipos de drons profesionais en condicións reais.

Esta actividade forma parte do Curso de Piloto Profesional de Drons STS, que se está a impartir no CGIFP Eduardo Barreiros, e que busca capacitar ao alumnado para operar drons con seguridade e precisión no ámbito profesional.

A xornada permitiu aplicar os contidos teóricos adquiridos na aula e avanzar na formación práctica dun sector en plena expansión e con ampla demanda no mercado laboral.



 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a tua experiencia de usuario, gardando preferencias, seccions visitadas, ..., co fin de ofrecer contidos adaptados ós intereses do usuario. Se continuas navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calqueira dubida ou suxerencia podes usar a nosa «sección de contacto.».

PECHAR