arriba
GAL
ESP ENG
  |     


PortadaseparatorNoticiasseparatorGalicia nas enerxías renovables mariñas a través do proxecto SHOREWI...


Galicia nas enerxías renovables mariñas a través do proxecto SHOREWINNER


Luns, 21-Outubro-2024
Galicia nas enerxías renovables mariñas a través do proxecto SHOREWINNER - Foto

O pasado venres tivo lugar no noso centro unha reunión do proxecto SHOREWINNER, unha iniciativa que busca crear unha Comunidade de Prácticas entre Centros de Excelencia de FP (CoVE) de cinco países do sur de Europa: Portugal, España, Italia, Grecia e Chipre, con foco no sector das enerxías renovables mariñas.

O obxectivo do proxecto é mellorar a formación da futura forza de traballo neste ámbito, mediante a colaboración, o intercambio de recursos e o aliñamento cos perfís demandados pola industria. O proxecto está liderado pola Universidade da Coruña (UDC) e conta coa participación do CETMAR e de varios centros da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP:

  • CIFP Ferrolterra

  • CIFP Universidade Laboral

  • CIFP Valentín Paz Andrade

  • CGIFP Eduardo Barreiros

Un paso máis na aposta pola colaboración internacional e pola innovación no eido da Formación Profesional galega.

 



 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a tua experiencia de usuario, gardando preferencias, seccions visitadas, ..., co fin de ofrecer contidos adaptados ós intereses do usuario. Se continuas navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calqueira dubida ou suxerencia podes usar a nosa «sección de contacto.».

PECHAR