
Entre o 8 e o 16 de xaneiro, o alumnado participante na segunda fase de Innovatech FP 2025 está a recibir formación en Design Thinking, unha metodoloxía centrada na resolución creativa de retos reais.
As sesións desenvólvense en oito centros de toda Galicia:
-
CIFP As Mercedes (Lugo)
-
CIFP Porta da Auga (Ribadeo)
-
CIFP Universidade Laboral (A Coruña)
-
CIFP Ferrolterra (Ferrol)
-
CIFP Politécnico de Santiago
-
CIFP A Xunqueira (Pontevedra)
-
CIFP Manuel Antonio (Vigo)
-
CIFP A Carballeira (Ourense)
A través desta formación, os equipos afondan no traballo colaborativo e na creación de solucións viables con enfoque innovador.
#InnovatechFP #FPgalega #CGIFPEduardoBarreiros #FormaciónProfesional #DesignThinking


