arriba
GAL
ESP ENG
  |     


PortadaseparatorNoticiasseparatorO CGIFP, eixo da colaboración entre Galicia e Andalucía en FP


O CGIFP, eixo da colaboración entre Galicia e Andalucía en FP


Martes, 18-Marzo-2025
O CGIFP, eixo da colaboración entre Galicia e Andalucía en FP - Foto

A sinatura do convenio entre as comunidades de Galicia e Andalucía supón un novo paso cara á excelencia educativa, coa innovación en Formación Profesional como un dos piares centrais. Neste acordo, o Centro Galego da Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros xoga un papel destacado como referente de transferencia de coñecemento e boas prácticas.

En concreto, Galicia porá a disposición de Andalucía o acceso directo á actividade do CGIFP para que coñeza de primeira man os seus programas de investigación e emprendemento, así como o funcionamento dun modelo galego de FP recoñecido polo seu éxito tanto en inserción laboral como no desenvolvemento de competencias.

Durante o acto, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor a evolución da FP galega, destacando que “Galicia duplicou a matrícula en Formación Profesional en dez anos”. Subliñou ademais a importante labor do CGIFP, onde se impulsa un sistema formativo “innovador, práctico e adaptado ás necesidades do mercado laboral”.

Este convenio reafirma a vontade de ambas comunidades por compartir estratexias que melloren a calidade da formación, promovan o talento e potencien un futuro profesional sólido para o alumnado.



 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a tua experiencia de usuario, gardando preferencias, seccions visitadas, ..., co fin de ofrecer contidos adaptados ós intereses do usuario. Se continuas navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calqueira dubida ou suxerencia podes usar a nosa «sección de contacto.».

PECHAR