arriba
GAL
ESP ENG
  |     


PortadaseparatorNoticiasseparatorA FP galega acelera cara ao futuro con Barreiros E-Motion 2025


A FP galega acelera cara ao futuro con Barreiros E-Motion 2025


Luns, 12-Maio-2025
A FP galega acelera cara ao futuro con Barreiros E-Motion 2025 - Foto

O pasado 8 de maio, celebrouse en Vilagarcía de Arousa a segunda edición da carreira educativa Barreiros E-Motion, organizada polo CGIFP Eduardo Barreiros en colaboración con Greenpower Iberia, no marco do Congreso FP-Empresa sobre mobilidade sostible.

Participaron cinco centros de FP de Galicia:

  • IES de Vilalonga (Sanxenxo)

  • CIFP A Xunqueira (Pontevedra)

  • IES Castro da Uz (As Pontes)

  • IES María Sarmiento (Viveiro)

  • IES O Ribeiro (Ribadavia)

O alumnado competiu cunha carreira de resistencia con vehículos eléctricos deseñados e pilotados por eles mesmos, priorizando a eficiencia enerxética e o deseño sobre a velocidade. A iniciativa fomenta a aprendizaxe práctica, a innovación e o traballo colaborativo.

O evento contou coa presenza do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP Román Rodríguez e da directora xeral de FP Eugenia Pérez, que puxeron en valor o compromiso da FP galega cun futuro sostible e conectado co sector produtivo.



 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a tua experiencia de usuario, gardando preferencias, seccions visitadas, ..., co fin de ofrecer contidos adaptados ós intereses do usuario. Se continuas navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calqueira dubida ou suxerencia podes usar a nosa «sección de contacto.».

PECHAR