arriba
GAL
ESP ENG
  |     


PortadaseparatorNoticiasseparatorOurense acolle a I Feira da Educación para promover a innovación edu...


Ourense acolle a I Feira da Educación para promover a innovación educativa


Mércores, 2-Abril-2025
Ourense acolle a I Feira da Educación para promover a innovación educativa - Foto

Os días 2 e 3 de abril no recinto de Expourense tivo lugar a I Feira Educativa na cidade ourensá. Organizada pola Xunta de Galicia, en colaboración coa Deputación de Ourense e Expourense, a feira ten como obxectivo promover o intercambio de experiencias, a colaboración e a orientación do alumnado. Forma parte do programa "Galicia Educa", impulsado pola Consellería de Educación, que inclúe 17 mostras educativas en toda Galicia.

O evento está dirixido a estudantes, docentes e profesionais do ámbito educativo, destacando as boas prácticas dos centros de Ourense e fomentando unha educación inclusiva e innovadora. Polas súas instalacións pasaron Judith Fernández, Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, e Román Rodríguez, Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, como amostra do seu compromiso coa innovación educativa.

A feira contou con "Espazos de Innovación", onde se presentaron proxectos de robótica educativa, impresión 3D, realidade virtual e máis. O Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros tivo un papel destacado nestra proposta, mostrando os seus proxectos en innovación tecnolóxica, emprendemento industrial e capacitación especializada.

 



 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a tua experiencia de usuario, gardando preferencias, seccions visitadas, ..., co fin de ofrecer contidos adaptados ós intereses do usuario. Se continuas navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calqueira dubida ou suxerencia podes usar a nosa «sección de contacto.».

PECHAR