
O Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros acolleu a visita dunha delegación educativa da rexión alemá de Oberfranken, composta por 24 profesionais da educación. O obxectivo da visita é afondar no sistema educativo galego, en especial na atención á diversidade, a dixitalización e a formación docente.
A delegación visitará centros educativos de varias localidades galegas e manterá encontros de traballo con representantes de centros clave como o CGIFP, o CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) e o CIEDIX (Centro de Innovación Educativa e Dixital). A visita ao CGIFP inicia a estadía en Galicia deste grupo de docentes alemáns, permitindo coñecer o centro como referente en innovación na FP.


