
O MEGA (Museo de Estrella Galicia) acolleu un curso de alta especialización en cultura cervexeira para o profesorado de FP de hostalaría. Impartido por expertos de Cultura de Cervexeira de Hijos de Rivera, o curso proporciona coñecementos avanzados sobre o sector cervexeiro e inclúe a certificación internacional Anfitrión Cicerone.
A inauguración do curso contou coa presenza da Directora Xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, que destacou a importancia da actualización continua do profesorado para mellorar a formación do alumnado e adaptarse ás novas tendencias do sector.
Esta formación, organizada polo Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros, inclúe talleres prácticos sobre elaboración, maridaxe e cata de cervexa, e ao rematar, os participantes obterán a certificación Anfitrión Cicerone, unha acreditación recoñecida internacionalmente no ámbito cervexeiro.