arriba
GAL
ESP ENG
  |     


PortadaseparatorNoticiasseparatorInspectores da provincia visitan o CGIFP Eduardo Barreiros


Inspectores da provincia visitan o CGIFP Eduardo Barreiros


Venres, 24-Xaneiro-2025
Inspectores da provincia visitan o CGIFP Eduardo Barreiros - Foto

A directora xeral de Formación Profesional, María Eugenia Pérez, acompañada polo Xefe Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional en Ourense, Jorge Rubén Sampedro Grande, recibiu aos inspectores de educación da provincia no Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros. O obxectivo da visita foi presentar as instalacións e os proxectos innovadores que lidera o centro, referentes na modernización da FP.

Durante o percorrido, déronse a coñecer iniciativas relacionadas coa economía circular, a enogastronomía, a fabricación aditiva ou a realidade virtual. O centro destaca tamén pola súa aposta pola especialización do profesorado, o emprendemento tecnolóxico e a transferencia de coñecemento ao tecido produtivo galego.



 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a tua experiencia de usuario, gardando preferencias, seccions visitadas, ..., co fin de ofrecer contidos adaptados ós intereses do usuario. Se continuas navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calqueira dubida ou suxerencia podes usar a nosa «sección de contacto.».

PECHAR