arriba
GAL
ESP ENG
  |     


PortadaseparatorNoticiasseparatorPresentación do programa VETINEN


Presentación do programa VETINEN


Luns, 14-Outubro-2024
Presentación do programa VETINEN - Foto

Preséntase o proxecto Vetinen, que incorporará as aulas de FP a primeira ferramenta de intelixencia artificial para a aprendizaxe do inglés, tendo en conta a especificidade das diferentes familias profesionais

 

A pasada semana o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, presentou no Centro Galego de Innovación da FP Eduardo Barreiros o proxecto educativo Vetinen (Vocational Training Innovative English), que ten como obxectivo incorporar á Formación Profesional galega a primeira ferramenta de intelixencia artificial para que o alumnado poida recrear na aula situacións reais en inglés a través dunha interface en 3D que lles permita interactuar con avatares en distintos escenarios que simulan patróns do día a día.

Román Rodríguez, que estivo acompañado pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez, cualificou este proxecto de "innovador e rupturista" na medida en que combina a práctica das destrezas lingüísticas cos últimos avances tecnolóxicos ao servizo da educación. Ademáis, subliñou a potencialidade que ofrece a intelixencia artificial no ámbito educativo na medida en que permite o deseño de recursos didácticos personalizados e a aplicación de metodoloxías innovadoras na aula.

Grazas ao proxecto Vetinen, que se circunscribe á aprendizaxe de idiomas no ámbito da Formación Profesional, os estudantes veranse inmersos nunha serie de situacións e problemáticas personalizadas polos seus profesores coas particularidades correspondentes segundo a familia profesional de que se trate, e ás que deberán enfrontarse en inglés coma se estivesen a vivir unha situación real.



 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a tua experiencia de usuario, gardando preferencias, seccions visitadas, ..., co fin de ofrecer contidos adaptados ós intereses do usuario. Se continuas navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calqueira dubida ou suxerencia podes usar a nosa «sección de contacto.».

PECHAR