arriba
GAL
ESP ENG
  |     


PortadaseparatorNoticiasseparatorAlta restauración e Identificación HPCL: colofón das formacións de A...


Alta restauración e Identificación HPCL: colofón das formacións de Abril


Venres, 26-Abril-2024
Alta restauración e Identificación HPCL: colofón das formacións de Abril - Foto

Abril remata con formacións de alta especialización relacionadas ca alta restauración e a identificación e cuantificación de compostos orgánicos

 

Remata Abril no CGIFP con dúas formacións de alta especialización cunha forte carga científica e innovadora. Trátase das formacións en "Procesos especializados de inmersión no servizo de sala" e "HPLC-DAD: Métodos de identificación e cuantificación de compostos orgánicos".

 

Durante o 18 e 19 de Abril o laboratorio de biotecnoloxía do CGIFP foi o centro de operacións da formación en "HPLC-DAD: Métodos de identificación e cuantificación de compostos orgánicos", unha acción altamente técnica dirixida a docentes de industrias alimentarias, química e sanidade, para a que o número de prazas foi de 15 e tivo unha duración de 15 horas. Neste caso, os contidos a tratar versaron sobre:

1.Funcións do HPLC-DAD.

2.Software CDS.

3.Preparación de mostras.

4.Métodos de traballo en HPLC-DAD.

5.Identificación e cuantificación de compostos orgánicos.

 

No caso da formación de "Procesos especializados de inmersión no servizo de sala", trátase dunha masterclass destinada fundamentalmente a docentes das familias profesionais de hostalaría e turismo. A formación desenvolveuse o 22 de abril e contou con 18 prazas e unha duración de 8 horas nas que se desenvolveron os seguintes contidos:

1.Experiencia única en sala.

2.Novas tendencias na elaboración de pratos á vista do cliente.

3.Desespiñado, trinchado, servicio de queixos e postres.

4.Psicoloxía avanzada en sala.

5.Maximizar rendabilidade e eficiencia en operacións.

 

Estas formacións culminan un mes de Abril cargado de propostas de alto carácter técnico, e dan a benvida a un mes de maio no que atoparemos novas propostas de alta especialización no CGIFP, que terán relación con novas edicións das formacións en realidade estendida, técnicas de HPLC e con novidades como formacións en Márketing inbound, fabricación e deseño de materiais compostos e técnicas de bioloxía molecular Western Blot.

 

Máis info en: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/



 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a tua experiencia de usuario, gardando preferencias, seccions visitadas, ..., co fin de ofrecer contidos adaptados ós intereses do usuario. Se continuas navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calqueira dubida ou suxerencia podes usar a nosa «sección de contacto.».

PECHAR