arriba
GAL
ESP ENG
  |     


PortadaseparatorNoticiasseparatorRealidade estendida e aromatización: primeiras formacións de Abril


Realidade estendida e aromatización: primeiras formacións de Abril


Venres, 5-Abril-2024
Realidade estendida e aromatización: primeiras formacións de Abril - Foto

O mes de abril comeza con dúas formacións de alta especialización destacadas pola súa especificidade, iniciando un mes moi intenso de cursos para o profesorado

 

O mes de Abril comeza con forza no CGIFP cunha forte planificación de formacións de alta especialización que dará comezo o luns día 8 con dúas accións moi específicas destinadas a mellorar as capacitacións do noso profesorado. Trátase das formacións en "Xestión da contorna de realidade estendida aplicada á FP" e "Aromatización das emocións en contornas gastronómicas especializadas".

 

No caso da formación de "Xestión da contorna de realidade estendida aplicada á FP", trátase dunha nova edición destinada fundamentalmente a docentes das familias profesionais de edificación e obra civil, industrias extractivas e madeira e moble. A formación será o luns 8 de abril e contará con 30 prazas e unha duración de 8 horas nas que se desenvolverán os seguintes contidos:

1.Instalación do software Unity.

2.Creación dun metaverso empregando primitivas de Unity.

3.Instalación do software de Oculus.

4.Instalación do metaverso desenvolto nas gafas Oculus.

5.Manexo do metaverso desenvolto empregando as gafas Oculus.

6.Proposta de ampliación por parte do alumnado do metaverso realizado para a súa inclusión nun futuro metaverso da FP Galega.

 

Durante o mesmo día realizaráse de xeito simultáneo a formación en "Aromatización das emocións en contornas gastronómicas especializadas", unha nova proposta formativa dirixida a docentes de Hostalaría e turismo e industrias alimentarias, para a que o número de prazas será de 15 e terá unha duración de 8 horas. Neste caso, os contidos a tratar versarán sobre:

1.Análise sensorial: sabores, cheiros e patróns de cambio.

2.Influencia organoléptica: clima, variedades e chans.

3.Orixe biolóxica e desenvolvemento hedonista.

4.Maridaxe avanzado en contornas diferenciadas de uva.

5.Casos prácticos con distintos rexistros.

 

Estas formacións servirán de aperitivo dun mes de Abril no que atoparemos novas propostas de alta especialización no CGIFP durante a segunda quincena, que terán relación con novas edicións das formacións en realidade estendida, formación en técnicas de HPLC e formacións en alta restauración.

 

Máis info en: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/



 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a tua experiencia de usuario, gardando preferencias, seccions visitadas, ..., co fin de ofrecer contidos adaptados ós intereses do usuario. Se continuas navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calqueira dubida ou suxerencia podes usar a nosa «sección de contacto.».

PECHAR