arriba
GAL
ESP ENG
  |     


PortadaseparatorNoticiasseparatorFormación de Visión Artificial na Industria 5.0


Formación de Visión Artificial na Industria 5.0


Luns, 18-Marzo-2024
Formación de Visión Artificial na Industria 5.0 - Foto

Esta formación de alta especialización proporciona unha nova perspectiva das novas tecnoloxías na Industria 5.0

 

A Industria 5.0 e todas as súas implicacións tecnolóxicas supoñen unha das demandas máis recurrentes de formación por parte do profesorado especializado da FP galega, sobre todo no uso de robots colaborativos e industriais. Para dar resposta a esta demanda formativa, o Centro Galego da Innovación da FP imparte a formación de alta especialización "Visión Artificial na Industria 5.0" os días 20 e 21 de Marzo, cos obxectivos de dispoñer de autonomía para realizar probas cun sistema de bin picking, e crear programas en robots para usar patróns xerados desde os mecanismos de control.

 

Esta formación, destinada fundamentalmenta a docentes da familia de electricidade e electrónica , contará con 20 prazas  e terá unha duración de 16 horas presenciais. A acción formativa centrará os contidos nas seguintes áreas:

 

1.Método TEACH e método FLEX.

2.Xestión dos movementos e opcións de colisión co robot e a súa garra.

3.Xestión de Snap-shot para a súa revisión en remoto.

4.Probas reais

 

Máis info en: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/



 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a tua experiencia de usuario, gardando preferencias, seccions visitadas, ..., co fin de ofrecer contidos adaptados ós intereses do usuario. Se continuas navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calqueira dubida ou suxerencia podes usar a nosa «sección de contacto.».

PECHAR