O Salón da Prevención e Seguridade Laboral comezará a súa 17º edición os días 13 e 14 de marzo en Expourense.
Previsel inicia unha nova edición nas instalacións de Expourense, converténdose durante uns días na referencia do sector en Galicia. Como vén sendo habitual, esta cita contará cunha área expositiva na que participarán empresas especializadas en seguridade e prevención laboral, aproveitando a ocasión para impartir formación específica.
Ademais de actividades orientadas á prevención e seguridade laboral, durante a feira realizaranse accións relacionadas coa saúde e hábitos saudables, coordinadas pola Xefatura Territorial en Ourense da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. A participación activa dos tres sindicatos maioritarios en Galicia (CC.OO. , U.X.T. e C.I.G.) será outro dos puntos importantes de Previsel, xa que convocarán aos seus afiliados e organizarán diversas actividades formativas sobre a vixilancia da saúde dos traballadores.
Para máis info non dubidedes en consultar o programa AQUÍ