arriba
GAL
ESP ENG
  |     


PortadaseparatorNoticiasseparatorBlockchain: O emprendemento en tokens


Blockchain: O emprendemento en tokens


Martes, 20-Febreiro-2024
Blockchain: O emprendemento en tokens - Foto

O Emprendemento en Blockchain como competencia económica de futuro

 

O mundo do Blockchain está de actualidade, cos tokens e o metaverso como novas realidades do emprendemento e a economía. Dada a súa importancia no mundo económico actual e a proxección que pode ter no futuro, o Centro Galego da Innovación da FP imparte desde o día 26 de febreiro a formación de alta especialización "Emprendemento en Blockchain", cos obxectivos de coñecer os beneficios do blockchain no emprendemento, valorar proxectos de blockchain e visualizar novas oportunidades para o emprendemento.

 

Esta formación, destinada fundamentalmente a docentes das familias de Administración e xestión, electricidade e electrónica e informática e comunicacións, contará con 20 prazas e terá unha duración de 8 horas presenciais. A acción formativa centrará os contidos nas seguintes áreas:

 

1.A cadea de bloques.

2.Tokenización como novo paradigma económico.

3.Blockchain práctico na economía.

4.Emprendemento en Blockchain.

5.Novos proxectos: Web 3.0, DeFi, NFT, DAO, Metaverso e Gamming.

 

Máis info en: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/



 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a tua experiencia de usuario, gardando preferencias, seccions visitadas, ..., co fin de ofrecer contidos adaptados ós intereses do usuario. Se continuas navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calqueira dubida ou suxerencia podes usar a nosa «sección de contacto.».

PECHAR