arriba
GAL
ESP ENG
  |     


PortadaseparatorNoticiasseparatorComeza a fomación en Emprendemento Laranxa aplicado á industria


Comeza a fomación en Emprendemento Laranxa aplicado á industria


Luns, 19-Febreiro-2024
Comeza a fomación en Emprendemento Laranxa aplicado á industria - Foto

O mércores 21 iniciamos esta acción formativa de optimización de estratexias emprendedoras mediante a creatividade

 

O emprendemento laranxa toma como base a creatividade, as artes e a cultura, a súa propiedade intelectual e a construción dunha cadea de valor que sexa quen de xerar impacto e beneficios económicos na sociedade. Partindo desta premisa, o Centro Galego da Innovación da FP imparte a formación de alta especialización "Optimización de estratexias emprendedoras. O emprendemento laranxa aplicado na industria", cos obxectivos de comprender a transversalidade da cultura, da creatividade e da innovación na economía e na sociedade en xeral, valorar as oportunidades do emprendemento creativo e respostar a novas necesidades mediante a creatividade e as ferramentas tecnolóxicas.

 

Esta formación, destinada a docentes de todas as familias profesionais, contará con 25 prazas (con prioridade para coordinadores de emprendemento e responsables de aulas de emprendemento) e terá unha duración de 8 horas presenciais. A acción formativa centrará os contidos nas seguintes áreas:

 

1.Tendencia dos sectores identificados na industria creativa e na industria 5.0.

2.Contexto mutante actual e novos recursos estratéxicos.

3.Contribución da industria creativa na economía global e no desenvolvemento sostible.

4.Novas dinámicas de relación.

5.Formación para o emprendemento creativo.

 

Máis info en: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/



 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a tua experiencia de usuario, gardando preferencias, seccions visitadas, ..., co fin de ofrecer contidos adaptados ós intereses do usuario. Se continuas navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calqueira dubida ou suxerencia podes usar a nosa «sección de contacto.».

PECHAR