arriba
GAL
ESP ENG
  |     


PortadaseparatorNoticiasseparator2024 comeza cunha importante oferta de cursos de alta especialización


2024 comeza cunha importante oferta de cursos de alta especialización


Venres, 29-Decembro-2023
2024 comeza cunha importante oferta de cursos de alta especialización - Foto

O CGIFP inaugura o novo ano cunha ampla oferta de formacións de alta especialización

Tralo parón académico do Nadal, o mes de Xaneiro dá entrada ao 2024 cunha gran variedade de cursos de alta especialización para o profesorado, servindo como aperitivo da variada oferta formativa que terá o CGIFP durante este novo ano. 

 

Enxeñería e certificacións SCRUM Manager

Nas primeiras xornadas do ano a oferta de alta especialización iniciaráse cunha fomación sobre "Técnicas especializadas de enxeñería inversa en fabricación aditiva", formación orientada a ciclos das familias de electricidade e electrónica, informática e comunicacións e instalacións e mantemento. Os contidos terán relación co proceso de escaneo de pezas físicas para obter modelos dixitais e o tratamento de nubes de puntos de aliñamento e edición, analizando o rexistro e fusión do procesado de escaneos para obtención de mallas e o seu post procesado mediante o remallado e texturizado.

 

Durante a segunda semana comezará tamén a formación para "Dirección e xestión de proxectos áxiles con SCRUM", aberta a todas as especializades e que ten como obxectivos coñecer a metodoloxía SCRUM, así como as súas ferramentas de traballo e as vantaxes e inconvintes. Esta formación permitirá obter a certificación profesional en nivel experto de SCRUM Manager.

 

Formacións do ámbito biotecnolóxico e metaverso

A partir do 16 de Xaneiro será a quenda dunha das formacións relacionadas ca familia da biotecnoloxía: a formación en "Técnicas avanzadas de bioloxía molecular para a detección de niveis de expresión de proteínas celulares aplicando PCR en tempo real". Nesta formación, destinada a familias de química e sanidade, adquiriránse os coñecementos necesarios para dominar as técnicas de PCR en tempo real, mentres manexan o equipamento e software necesario para analizar os niveis de expresión de ARN de marcadores específicos.

 

Para finalizar xaneiro, comezará na última semana o curso de "Creación de videoxogos multixogador en realidade virtual e aumentada", especialmente deseñado para as familias de imaxe e son e informática e comunicacións. Para esta formación, os obxectivos serán programar escenas multixogador online con realidade virtual e aumentada, programar xogadores online de realidade virtual e intercambiar escenas multixogador.

 

+INFO SOBRE INSCRICIÓNS EN FPROFE: PREME AQUÍ

 

 

 

 



 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a tua experiencia de usuario, gardando preferencias, seccions visitadas, ..., co fin de ofrecer contidos adaptados ós intereses do usuario. Se continuas navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calqueira dubida ou suxerencia podes usar a nosa «sección de contacto.».

PECHAR