
Aberta a convotatoria do Programa InnovaTech FP ata o vindeiro 22 de Novembro
O programa InnovaTech FP ten como obxectivo principal impulsar a innovación tecnolóxica e o emprendemento industrial, fomentando a creación de empresas de base tecnolóxica entre o alumnado de Formación Profesional. Para logralo, o alumnado de Formación Profesional enfrontarase á resolución de 10 retos tecnolóxicos expostos por empresas, cuxas solucións deberán xerar un impacto positivo no desenvolvemento do medio rural.
O alumnado participante afrontará os retos propostos traballando en equipos multidisciplinares e que conten cunha distribución equitativa de xénero entre os seus membros. Deste xeito preténdese integrar perfís profesionais complementarios, á vez que se se promove a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Poderá participar o alumnado de Formación Profesional e persoas egresadas nos últimos dous anos, de todos os centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que durante o curso 2023/24 impartan ensinanzas de Formación Profesional e participen no Programa de aulas de emprendemento na Formación Profesional. A convocatoria do programa e a información xeral pódese consultar na seguinte LIGAZÓN.
Soporte técnico e financeiro
Para o desenvolvemento das súas propostas, os equipos participantes contarán con formación especializada e co apoio técnico do Centro Galego de Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros (CGIFP).
Retos propostos
Os diversos retos propostos neste programa son os seguintes, e pódense consultar máis en detalle na seguinte ligazón: RETOS INNOVATECH FP
Reto 1
Deseño dun sistema de autolimpeza para reixas de fosas sépticas de zonas rurais. Empresa: Viaqua
Reto 2
Desenvolvemento de robots para o reparto de recambios en talleres de automoción. Empresa: Pérez Rumbao, S.A.U.
Reto 3
Desenvolvemento dunha solución dixital para a optimización de experiencias en eventos deportivos. Empresa: Diesemm
Reto 4
Desenvolvemento dun sistema de control de crecemento de especies forestais que permita a monitorización das condicións ambientais. Empresa: FINSA
Reto 5
Desenvolvemento dun método ou sistema de medición rápida de graxas en pastas de refinado. Empresa: Aceites ABRIL
Reto 6
Deseño de solucións para a transformación de envases plásticos de produtos cosméticos en produtos duradeiros para salóns de peiteado. Empresa: L'Oréal
Reto 7
Creación de colección téxtil reciclada e presentación da mesma mediante ferramentas dixitais. Empresa: El Pulpo
Reto 8
Deseño dun sistema avanzado de análise para unha empresa téxtil que axude a optimizar propostas de colección e a medir a satisfacción do cliente. Empresa: Roberto Verino
Reto 9
Sistema tecnolóxico para o coidado activo e preventivo de persoas maiores. Empresa: Fundación San Rosendo
Reto 10
Desenvolvemento de ferramentas para a detección de perdas de enerxía eléctrica e así contribuír á súa redución. Empresa: UFD e Fundación Naturgy


