A formación de alta especialización "Técnicas moleculares para mixoloxía" chega ao CGIFP con gran espectación e demanda do profesorado, ao tratarse dunha das técnicas de vangarda da coctelería.
O CGIFP Eduardo Barreiros recibirá os días 13, 14 e 15 de Novembro a docentes de diversos centros de Galicia para unha das formacións de alta especialización que máis demanda xerou entre a comunidade educativa: O curso de Técnicas moleculares para mixoloxía. Esta formación, que se enmarca fundamentalmente dentro das ramas de hostalería e turismo, supón un paso máis na especialización á hora de realizar cócteles, xa que utiliza utiliza as técnicas e a infraestrutura da gastronomía molecular para a creación de cócteles a partir de moléculas. Mentres a coctelería ocúpase das bases para poder preparar cocteles clásicos e replicar receitas exactas en barra, a mixología molecular atrévese a dar un paso máis e arriscarse a buscar novos sabores e experiencias empregando novas técnicas e materiais.
Esta formación, impartirase durante tres xornadas na área de gastronomía multisensorial do CGIFP, e contará coa participación duns 20 docentes de toda Galicia, que poderán coñecer as novas técnicas de aplicación na coctelería de actualidade e gastrobar, aplicar adaptacións innovadoras na coctelería clásica e aplicar técnicas moleculares á elaboración de coctelería.