arriba
GAL
ESP ENG
  |     


PortadaseparatorNoticiasseparatorEsgotadas as prazas do próximo curso de Robótica Móvil


Esgotadas as prazas do próximo curso de Robótica Móvil


Venres, 6-Outubro-2023
Esgotadas as prazas do próximo curso de Robótica Móvil - Foto

A gran demanda de inscricións esgota as prazas dispoñibles para a formación en Robótica Móbil de última xeración.


Os próximos días 9, 10 e 11 de Outubro desenvolverase no Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros unha formación de alta especialización en "Robótica Móbil de última xeración. Especializacións prácticas"(código Z2301093) . O alto interese da comunidade docente nesta actividade provocou un cheo nas inscricións, esgotando as prazas dispoñibles da formación.

 

A actividade, repartida en 3 días, buscará alcanzar os obxectivos de editar, incluír e crear un mapa dunha zona de traballo desde cero; xerar interface de control desde a API do robot móbil e comunicar ao robot cun PC para a súa xestión a través de comandos e o seu REST API.

 

O contido desta actividade basearase en:

  1. Dashboards de control como interface do robot.
  2. Mapeado e posicións.
  3. Troble shooting e revisión do HW do robot.
  4. Edición de mapas como liñas de prohibido, paso por defecto e paredes.
  5. Xeración de diferentes posicións e coñecemento dos tipos que se usan para programar.


 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a tua experiencia de usuario, gardando preferencias, seccions visitadas, ..., co fin de ofrecer contidos adaptados ós intereses do usuario. Se continuas navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calqueira dubida ou suxerencia podes usar a nosa «sección de contacto.».

PECHAR