arriba
GAL
ESP ENG
  |     


PortadaseparatorNoticiasseparatorA Directora do CGIFP acode á TVG para falar do proxecto InnovaTech


A Directora do CGIFP acode á TVG para falar do proxecto InnovaTech


Martes, 3-Outubro-2023
A Directora do CGIFP acode á TVG para falar do proxecto InnovaTech - Foto

Marta Vázquez Guzmán sinala na Televisión de Galicia a importancia do CGIFP para dar resposta aos cambios xeracionais, e salienta a importancia do proxecto InnovaTech para solucionar as necesidades das empresas no futuro.

 

A directora do Centro Galego da Innovación da FP, Marta Vázquez Guzmán, acudiu o pasado luns 2 de Outubro a unha entrevista no programa "Bos Días" da Televisión de Galicia, na que se explicaron as liñas mestras do proxecto InnovaTech da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e mostráronse as liñas de actuación do CGIFP en relación á transferencia de coñecemento da FP ao sector produtivo.

 

Proxecto InnovaTech

Nesta entrevista,Marta Vázquez salientou a resposta que se pretende dar "ás necesidades do sector privado mediante o Proxecto InnovaTech", que no marco da Estratexia de FP Galicia 2030 e do Plan Innova FP Galicia, toma importancia para o fomento da innovación tecnolóxica entre o alumnado de FP que abogue pola igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, e polo desenvolvemento do medio rural. Para o desenvolvemento deste programa, a Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades, conta co Centro galego da Innovación da Formación Profesional, que actúa dende finais de 2022, como eixe de colaboración e coordinación entre os centros educativos e as empresas. Este programa desenvolverase en dous cursos académicos, cunha primeira convocatoria no curso actual, e unha segunda no curso 2024-2025.

 

O programa InnovaTech FP busca incentivar no alumnado e nos titulados de FP, que contan cunha alta formación tecnolóxica, o desenvolvemento de proxectos de tecnoloxía avanzada para impulsar o emprendemento tecnolóxico e industrial a través do CGIFP, que actuará como entidade de asesoramento e apoio, e como lanzadeira dos proxectos. Coa finalidade de lograr unha transferencia de coñecemento cara as empresas de distintos sectores produtivos da nosa comunidade, o CGIFP porá a disposición do programa as súas instalacións, e os medios materiais e humanos ao seu alcance. Para isto, abordaranse unha serie de retos tecnolóxicos relacionados cos sectores mencionados no Plan Conecta FP Galicia. Estes desafíos serán propostos por empresas da nosa comunidade, e deberán ter impacto no medio rural.

 

A importancia do CGIFP

O Centro da Innovación da FP de Galicia Eduardo Barreiros terá unha participación fundamental no desenvolvemento da estratexia de FP Galicia 2030 e en especial do proxecto InnovaTech, actuando, según Marta Vázquez, como "polo tractor que dea resposta ás necesidades das empresas". A Directora do CGIFP continuou a súa intervención salientando que este centro debe "dar resposta aos cambios xeracionais e impulsar o salto cualitativo da FP en Galicia". Finalmente destacou o " aumento da oferta de FP nos últimos anos dun 85% e a alta empregabilidade da FP que pode chegar ao 98% na FP Dual", ambos factores determinantes para contribuír á "revolución silenciosa" da FP coa que denominaba o Presidente da Xunta , Alfonso Rueda, á aposta do Goberno Autonómico pola innovación da Formación profesional.

 

Entrevista completa aquí



 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a tua experiencia de usuario, gardando preferencias, seccions visitadas, ..., co fin de ofrecer contidos adaptados ós intereses do usuario. Se continuas navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calqueira dubida ou suxerencia podes usar a nosa «sección de contacto.».

PECHAR