O CGIFP completa a 2º edición do curso de robótica colaborativa avanzada con docentes de Culleredo, Vilagarcía de Arousa e Lugo.
O Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros rematou o venres 29 de setembro unha nova formación de 20 horas de robótica colaborativa avanzada. Esta volta, na segunda edición do curso visitaron as instalacións do CGIFP 10 docentes do CIFP Universidade Laboral de Culleredo, CIFP Fontecarmoa de Vilagarcía de Arousa e do CIFP Politécnico de Lugo, que asistiron a 3 sesións os días 27, 28 e 29 de setembro impartidas novamente por Juan Manuel Gómez, de RobotPlus, na área de sustentabilidade ambiental do CGIFP.
Unha vez máis, os obxectivos desta formación focalizáronse en manexar robots con PLC, conectar sinais de E/S, xestionar programas en linguaxe URScript e configurar normativa de seguridade dos robots. A segunda edición desta formación reflexa o atractivo que supuxo entre a comunidade docente unha xornada práctica con esta especificación técnica, e a importancia da transferencia dos últimos coñecementos en robótica de cara ao alumnado e ao tecido empresarial.