O Comité Executivo é o órgano colexiado ao cal lle corresponde a toma de decisións respecto das actuacións que desenvolva o CGIFP.
O Comité Executivo do CGIFP reuniuse este venres 22 de setembro nunha sesión de traballo na que se estableceron as liñas estratéxicas e os obxectivos funcionais da entidade para os próximos meses. Este comité, que se reúne dúas veces ao ano, ten como funcións principais (entre outras) aprobar e supervisar o plan estratéxico e o plan anual do CGIFP asi como informar á Consellería das diversas necesitades orzamentarias da entidade.
Nesta convocatoria reuníronse como representantes dos diferentes órganos de goberno do CGIFP María Eugenia Pérez, Directora Xeral de formación profesional como Presidenta e Cristina Lesta, Subdirectora Xeral de innovación profesional e coordinación co sistema produtivo como Vicepresidenta; e como vogais actuaron Marta Vázquez, Directora do CGIFP; María Jesús Carnero, Secretaria do CGIFP; César Manuel Fernández, vicepresidente 2º da Diputación de Ourense; Carlos Castiñeiras, xefe da sección de formación da Deputación de Ourense e Patricia Argerey, directora da GAIN.