arriba
GAL
ESP ENG
  |     


PortadaseparatorNoticiasseparatorFormación práctica en robótica colaborativa avanzada


Formación práctica en robótica colaborativa avanzada


Venres, 22-Setembro-2023

Docentes do IES Chamoso Lamas de Carballiño comezaron o pasado 21 de setembro as xornadas de especialización práctica en robótica colaborativa avanzada.

O Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros inaugurou o xoves 21 de setembro unha formación de 20 horas de alta especialización práctica relacionada coa robótica colaborativa avanzada. Estas xornadas formativas contarán coa presenza 10 docentes do IES Chamoso Lamas de Carballiño, que asistirán ás 3 sesións impartidas por Juan Manuel Gómez, de RobotPlus, na área de sustentabilidade ambiental do CGIFP.

 

Os obxectivos desta formación focalízanse en manexar robots con PLC, conectar sinais de E/S, xestionar programas en linguaxe URScript e configurar normativa de seguridade dos robots. Para iso explicaranse contidos sobre Pick&Place e prácticas de paletizado, empregando accesos FTP. As xornadas continuarán co desenvolvemento e visualización de funcións avanzadas de TCP e variables POSE, realizando unha demostración práctica do software RoboDK e do uso de sensores de forza e buses de campo.

 

O punto máis interesante desta formación é a experimentación práctica dos contidos, resultando de gran interese pola futura transferencia cara ao tecido produtivo dos coñecementos prácticos adquiridos e pola actualización no uso de novas tendencias do campo da robótica para o profesorado.

 

 


Formación práctica en robótica colaborativa avanzada - Foto 1
Formación práctica en robótica colaborativa avanzada - Foto 2
Formación práctica en robótica colaborativa avanzada - Foto 3
Formación práctica en robótica colaborativa avanzada - Foto 4


 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a tua experiencia de usuario, gardando preferencias, seccions visitadas, ..., co fin de ofrecer contidos adaptados ós intereses do usuario. Se continuas navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calqueira dubida ou suxerencia podes usar a nosa «sección de contacto.».

PECHAR