arriba
GAL
ESP ENG
  |     


PortadaseparatorNoticiasseparatorEnogastronomía como proxecto de futuro


Enogastronomía como proxecto de futuro


Martes, 27-Xuño-2023

Os docentes do CIFP Carlos Oroza visitan o CGIFP para explorar a Enogastronomía como futuro do sector da restauración 

 

Afrontar os retos da gastronomía e a restauración. Con ese reto acudiron os docentes do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra ao CGIFP Eduardo Barreiros para unha xornada na que visitaron as súas instalacións, co obxectivo de explorar as posibilidades de desenvolver proxectos de innovación enogastronómicos. Durante a visita, a Directora do CGIFP, Marta Vázquez Guzmán, foi explicando as distintas áreas de traballo do centro así como as 6 liñas estratéxicas de innovación cara ás que se enfocan os proxectos: biotecnoloxía, Industria 5.0, fabricación aditiva, energia e sustentabilidade ambiental, gastronomía multisensorial e experiencias inmersivas.

 

Foi na área de gastronomía multisensorial onde se centrou o groso da xornada, buscando sinerxias de colaboración e a posibilidade de desenvolver proxectos de enogastronomía que teñan aplicación práctica no desenvolvemento dos módulos do CIFP Carlos Oroza, e que favorezan a capacitación profesional e a inserción do alumnado no mercado laboral. O laboratorio gastronómico multusensorial, onde se puideron ver os últimos avances no sector gastronómico e hostaleiro e os últimos equipamentos, puxo o colofón á xornada, e serviu como punto de inicio para a colaboración en futuros proxectos de innovación.


Enogastronomía como proxecto de futuro - Foto 1
Enogastronomía como proxecto de futuro - Foto 2


 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a tua experiencia de usuario, gardando preferencias, seccions visitadas, ..., co fin de ofrecer contidos adaptados ós intereses do usuario. Se continuas navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calqueira dubida ou suxerencia podes usar a nosa «sección de contacto.».

PECHAR