Os responsables do Proxecto Erasmus + KA2, Arveti 4.0 " Augmented Reality in vocational education and training in the context of Industry" aproveitaron a xornada para facer a súa derradeira reunión de traballo no CGIFP e coñecer as súas instalacións.
O CGIFP recibiu o pasado 9 de maio a visita dos responsables do Proxecto Erasmus sobre Centros de excelencia en fabricación aditiva, que celebraron nas instalacións do centro a reunión que clausuraba as sesións de traballo deste proxecto. Arveti 4.0 é un proxecto financiado por Erasmus+, liderado polo BBS Brinkstrasse Vocational College en Osnabrück, Alemaña.
Xunto con escolas asociadas dos Países Baixos, Italia, Finlandia e España, planificaron un proxecto que durará 2 anos con reunións en cada país asociado co obxectivo xeral de explorar e comprender a realidade virtual e aumentada (AR e VR). Para iso, están a traballar estreitamente con empresas da rexión de Osnabrück para aprender como utilizan AR e VR nas súas fábricas. Esta colaboración non só é un paso cara a un futuro dixital en Europa, senón que tamén garante un intercambio produtivo entre institutos educativos e futuros empregadores. Durante o transcurso do proxecto desenvolvéronse diversas reunións e actividades de aprendizaxe/ensino/capacitación, e reunións do proxecto transnacional.
A derradeira desas reunións celebrouse no Centro Galego da innovación da FP Eduardo Barreiros, na que 20 docentes de Alemaña, Austria, Holanda, Finlandia, Italia e España realizaron unha sesión de traballo e visitaron o centro para coñecer os obxectivos estratéxicos e os proxectos que se estan a desenvolver nas diversas áreas, buscando sinerxias e oportunidades de desenvolvemento cara o futuro.