A Asociación de Centros de Formación Profesional, FP Empresa, visitou o CGIFP Eduardo Barreiros no marco das actividades organizadas dentro do 9º Congreso de FP "TraballandoXuntos"
O 9º Congreso de FP "TraballandoXuntos" desenvolveuse durante o 4 e 5 de maiona Cidade da Cultura de Galicia, acollendonassúasinstalacións a centos de profesionais do eido educativo e empresarial. Neste congreso, organizado pola Asociación de Centros de Formación Profesional FP Empresa, abordáronse temas eactividades relacionados ca nova Lei de Formación Profesional, cuxa implantación comezará este próximo curso de 2024, e que dispón que toda a formación teña carácter dual, o que significará que o alumnado dedicará máis horas á súa formación nas empresas e tamén que os sectores produtivos serán responsables dunhaporcentaxe concreta dos resultados de aprendizaxe.
Dentro das actividades realizadas durante as xornadas que durou o congreso, estaba a visita ao Centro Galego da Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros, na que os asistentes fixeronunha visita guiada polo centro explicándose o seu funcionamiento, instalacións e os proxectos que se están a desenvolver nos diversos espazos de traballo. Ademáis disto, a visita serviu como plataforma de promoción do CGIFP de cara aoseucoñecemento a nivel nacional, servindo como referente da vinculación da innovación na formación profesional e da súa relación fundamental cas empresas.