InnovaTech FP 2025
Información xeral
O programa InnovaTech FP ten como obxectivo principal impulsar a innovación tecnolóxica e o emprendemento industrial, fomentando a creación de empresas de base tecnolóxica entre o alumnado de Formación Profesional.
Para logralo, o alumnado de Formación Profesional enfrontarase á resolución de 20 retos tecnolóxicos expostos por empresas, cuxas solucións deberán xerar un impacto positivo no desenvolvemento do medio rural.
O alumnado participante afrontará os retos propostos traballando en equipos multidisciplinares e mixtos en canto ao xénero das persoas participantes. Deste xeito preténdese integrar perfís profesionais complementarios, á vez que se se promove a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Poderá participar o alumnado de Formación Profesional e persoas tituladas nestas ensinanzas nos dous últimos cursos, de todos os centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Desing Thinking OBRADOIROS_ DATAS E LOCALIZACIÓNS
No seguinte enlace podes descargar o pdf para coñecer o día, hora e lugar da túa formación:
Convocatoria
O prazo de presentación de solicitudes será do 14 ao 29 de novembro, ambos os dous incluídos.
Xornada de lanzamento
A xornada de lanzamento dos retos do Programa InnovaTech FP tivo lugar o xoves 5 de decembro no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, ás 10:30 horas.
Soporte técnico e financeiro
Para o desenvolvemento das súas propostas,os equipos participantes contarán con formación especializada e co apoio técnico do Centro Galego de Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros (CGIFP).
Algunha dúbida? Algunha incidencia?
Se tes algunha dúbida ou precisas informar sobre algunha incidencia ou cambio no desenvolvemento do teu reto, podes usar o noso formulario de contacto:
*Recorda encher todos os campos, incluída a aceptación da política de privacidade e a confirmación de non ser un robot
» Dúbidas e Incidencias InnovaTechFP