arriba
GAL
ESP ENG
  |     


PortadaseparatorInnovaTech FP


Innovatech curso 2025-2026

Innovatech curso 2025-2026 - Foto

INFORMACIÓN XERAL

O programa InnovaTech FP ten como obxectivo principal impulsar a innovación tecnolóxica e o emprendemento industrial, fomentando a creación de empresas de base tecnolóxica entre o alumnado de Formación Profesional.

Para logralo, o alumnado de Formación Profesional enfrontarase á resolución de 20 retos tecnolóxicos expostos por empresas, cuxas solucións deberán xerar un impacto positivo no desenvolvemento do medio rural.

O alumnado participante afrontará os retos propostos traballando en equipos multidisciplinares e mixtos en canto ao xénero das persoas participantes. Deste xeito preténdese integrar perfís profesionais complementarios, á vez que se se promove a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Poderá participar o alumnado de Formación Profesional e persoas tituladas nestas ensinanzas nos dous últimos cursos, de todos os centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

 

CONVOCATORIA

O prazo de presentación de solicitudes será do 7 ao 20 de novembro, ambos os dous incluídos.

PRIMEIRA FASE: Design Thinking OBRADOIROS_ DATAS E LOCALIZACIÓNS

Deixamos aquí a información con día, hora e lugar das formacións:

 img#79695

 

PRIMEIRA FASE DE INNOVATECHFP 2026

PRIMEIRA FASE: presentación de solucións

Na seguinte ligazón poderanse rexistrar as solucións propostas aos 20 retos do programa InnovaTech FP 2025-2026.

O prazo para presentación de solucións estará aberto ata o día 30 de enero, inclusive.

Algunha dúbida? Algunha incidencia?

Se tes algunha dúbida ou precisas informar sobre algunha incidencia ou cambio no desenvolvemento do teu reto, podes usar o noso formulario de contacto:

*Recorda encher todos os campos, incluída a aceptación da política de privacidade e a confirmación de non ser un robot

 

Retos propostos edición 2026

 
Reto 1 

Presas con Futuro: Energía y Naturaleza en Equilibrio »

• Fundación Naturgy

Reto 2 

Innovación dixital para a xestión integral de salóns de perruquería »

• L'Oréal

Reto 3 

Economía circular a través de la peletización de residuos de desbaste »

• Veolia

Reto 4 

Valorización e novos usos das virutas de madeira de piñeiro »

• Finsa

Reto 5 

Aplicación para a medición da rendibilidade do mobiliario en puntos de venda »

• elPulpo

Reto 6 

A musicoterapia como ferramenta de benestar integral »

• Fundación San Rosendo

Reto 7 

Plataforma intelixente para o impulso do turismo deportivo »

• Diesemm

Reto 8 

Trazabilidade intelixente de equipos e repostos no taller de instrumentación »

• Repsol

Reto 9 

Sistema de trazabilidade loxística e de procesos en fábrica de mobiliario de alta gama »

• EBA

Reto 10 

Sistema de reciclaxe, depuración e aproveitamento da auga en procesos de pelado e cocción de castañas »

• Grupo Cuevas

Reto 11 

Sistema automático para a montaxe e axuste de tubos en jackets offshore »

• Windwaves

Reto 12 

Solucións circulares para a valorización de residuos complexos »

• Gestán

Reto 13 

Identificación de canles colmatadas en membranas de ultrafiltración mineral e sistemas de limpeza non invasivos »

• Quescrem

Reto 14 

Plataforma de vixilancia intelixente do tráfico marítimo en augas galegas »

• HP

Reto 15 

Sistema de medida efectiva de caudais de baixo custo en colectores de saneamento eQsan+ »

• Applus+

Reto 16 

Aplicación interactiva para descubrir o potencial gastronómico das algas »

• Portomuiños

Reto 17 

Visión artificial para a detección de defectos en láminas de aceiro de gran espesor »

• GRI Towers Galicia

Reto 18 

Deseño de garras para a manipulación de pezas de forxa de aluminio sen marcas superficiais »

• CIE Galfor

Reto 19 

Mellora de unións multimaterial a base selante »

• Rodríguez López

Reto 20 

Carro de ferramentas autónomo »

• Grupo Intaf

 

Ediciones anteriores InnovaTech FP

 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a tua experiencia de usuario, gardando preferencias, seccions visitadas, ..., co fin de ofrecer contidos adaptados ós intereses do usuario. Se continuas navegando por esta web consideramos que se asume e acepta o seu uso.
«Ver a nosa política de cookies» | «Máis información sobre as cookies». Calqueira dubida ou suxerencia podes usar a nosa «sección de contacto.».

PECHAR