Vetinen
Vetinen é un proxecto pioneiro liderado polo CGIFP que combina realidade virtual inmersiva e intelixencia artificial para mellorar a competencia lingüística do alumnado da Formación Profesional galega en contornos profesionais simulados. Desde a súa posta en marcha, o programa evolucionou continuamente, ampliando familias profesionais, recursos e posibilidades de uso.
Entre as últimas novidades destacan Multiavatar, que permite conversas complexas entre tres personaxes, e IAmentor, unha ferramenta baseada en intelixencia artificial que analiza o progreso do alumnado e propón itinerarios personalizados de aprendizaxe adaptados ao ritmo e nivel de cada estudante.
Tamén se incorporou un novo acceso corporativo para o profesorado, que permite entrar coa conta da Xunta de Galicia. O sistema identifica automaticamente os módulos e grupos de cada docente, simplificando a xestión da aula e reducindo tarefas administrativas, o que reforza o uso pedagóxico de Vetinen.
Na súa primeira fase, Vetinen centrouse na familia de Hostalaría e Turismo, con escenarios simulados de recepción, atención ao cliente e xestión de reservas. Máis tarde incorporouse á familia de Fabricación Mecánica, con simulacións en 3D de inspección de pezas, montaxe e resolución de incidencias industriais.
Na actualidade, Vetinen está implantado en centros de toda Galicia e forma parte do ecosistema de proxectos estratéxicos do CGIFP no marco do Plan FPGal 360, que impulsa a modernización metodolóxica da FP galega e o reforzo das competencias clave, especialmente nas linguas estranxeiras.
De cara aos vindeiros cursos, o CGIFP lidera un plan de implantación progresiva que estenderá Vetinen ao conxunto das familias profesionais da FP galega: no curso 2025-2026 incorporaranse 14 novas familias, con recursos interactivos, un laboratorio de intelixencia artificial e accións de capacitación docente; e no 2026-2027 completarase a extensión ás 26 familias profesionais da FP galega.
Documentos
Presentación VETINEN
1. Recursos interactivos eXeLearning
2. Laboratorio de intelixencia artificial e realidade virtual (LabAiFP)
3. Capacitación específica do profesorado en metodoloxía e ferramentas
- Z2502051 Recursos Interactivos VETINEN (eXeLearning) 2 de outubro
- Z2502024 LabAiFP Hostalaría/Turismo e Fabricación Mecánica 21 de outubro
- Z2502051 – Recursos Interactivos VETINEN (eXeLearning) – 2 de outubro
- Z2502024 – LabAiFP Hostalaría/Turismo e Fabricación Mecánica – 21 de outubro



