Áreas funcionais
ÁREA DE INNOVACIÓN APLICADA.
Impulso de proxectos de innovación aplicada en colaboración coas empresas, que permitan dar resposta aos retos dos distintos sectores produtivos da nosa comunidade. O traballo desta área desenvólvese en 6 liñas de actuación.
- Biotecnoloxía: Procedementos de base biotecnolóxica para o desenvolvemento de produtos innovadores e a mellora de procesos produtivos en distintos sectores da actividade económica galega: a agricultura, a alimentación, o medio ambiente, a saúde e o benestar.
- Industria 5.0: Desenvolvemento de proxectos de transformación, tanto nos sectores industriais como primarios, a través de: Robótica colaborativa, IoT, xemelgos dixitais, intelixencia artificial, ciberseguridade e big data.
- Fabricación aditiva: Desenvolvemento sinxelo, e con baixo custe, de produtos e prototipos nun amplo abano de sectores, desde os máis industriais como a fabricación mecánica ou a automociíon; os relativos ao deseño como o da xoiaría ou o téxtil, ata os máis innovadores como a sanidade e a restauración, empregando unha gran variedade de materiais.
- Enerxía e sustentabilidade ambiental: Desenvolvemento de proxectos de integración no uso común de distintas fontes enerxéticas (eólica, solar, hidróxeno), a eficiencia e autonomía no seu uso, e a xestión eficiente de recursos hídricos.
- Gastronomía multisensorial: Exploración de novos horizontes gastronómicos aplicando tecnoloxías de vangarda para crear novas experiencias culinarias, tanto na elaboración como na presentación dos produtos.
- Experiencias inmersivas: Recreación de metaverso con Realidade Virtual e Realidade aumentada e desenvolvemento de ferramentas formativas que permitan aos centros e ás empresas implementar procesos formativos cun menor custo, unha maior eficiencia, autonomía e con total seguridade.
ÁREA DE FORMACIÓN DE ALTA ESPECIALIZACIÓN.
Coordinación da formación do profesorado de FP que require dun alto grao de especialización e/ou de recursos singulares e técnicos para a súa execución.
ÁREA DE EMPRENDEMENTO INDUSTRIAL.
Asesoramento e acompañamento a startups e proxectos innovadores no ámbito do emprendemento industrial. Xestión da propiedade industrial: patentes, marcas, modelos de utilidade, etc.
ÁREA DE COMUNICACIÓN ESTRATÉXICA E INTERNACIONALIZACIÓN.
Difusión dos proxectos de innovación e das actuacións desenvolvidas na Formación Profesional de Galicia, potenciando a súa visibilidade a nivel rexional, nacional e internacional. Deseño de estratexias para a promoción do CGIFP Eduardo Barreiros como referente de excelencia dentro de redes nacionais e internacionais.