O Centro Galego da Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros é un espazo de innovación aplicada e creatividade na FP en cooperación cos distintos sectores produtivos de Galicia, para dar resposta aos retos actuais e futuros das nosas empresas e da nosa sociedade.
O programa InnovaTech FP ten como obxectivo principal impulsar a innovación tecnolóxica e o emprendemento industrial, fomentando a creación de empresas de base tecnolóxica entre o alumnado de Formación Profesional. Este programa busca a resolución de 20 retos tecnolóxicos propostos por diversas empresas, aplicando un impacto positivo sobre o desenvolvemento do medio rural.
Buscando a excelencia da Formación Profesional Galega.
Somos o centro de apoio á docencia educativa e encargado da investigación e da innovación aplicada e a transferencia dos resultados dos proxectos de I+D+i a todos os centros que impartan formación profesional en Galicia.
O Centro Galego da Innovación da Formación Profesional, serve como referencia, ante o tecido produtivo e a sociedade galega, das posibilidades de innovación e colaboración entre os ámbitos educativo-formativo e produtivo para o desenvolvemento de novas capacidades nas empresas de Galicia, aproveitando o capital humano e a experiencia dos centros galegos de formación profesional.
- A innovación, o desenvolvemento e a investigación aplicada no ámbito da formación profesional.
- A formación do profesorado dos centros que imparten formación profesional nas tecnoloxías que vaian emerxendo nos sectores produtivos.
- O avance en novos contornos que melloren os procesos de aprendizaxe, impulsando a internacionalización e desenvolvendo a mellora continua da formación profesional.
- O impulso á innovación e ao emprendemento no alumnado, a través dos centros que imparten formación profesional.